A Xbox 360 recibe a demo de NBA Live 10

venres, 11 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Tras o lanzamento onte mesmo da demo de FIFA 10, hoxe incorporouse ao Bazar de Xbox LIVE coma descarga de balde para usuarios Gold a versión de demostración de NBA LIVE 10, polo que os amantes dos xogos deportivos poderán facerse unha idea do que achegarán os grandes títulos de EA SPORTS desta tempada. O vindeiro día 17 tamén estará dispoñible a demo na PlayStation Network e para usuarios Silver de Xbox LIVE.
NBA LIVE 10 incorpora numerosas novidades fronte a versión do ano pasado, con melloras substanciais no movemento dos xogadores, a xogabilidade e os controis, así como unha presentación totalmente nova. Tamén inclúe un sistema de tempada dinámica, actualizacións de ADN dinámico, adidas LIVE Run e modo Playoffs. Nesta nova demo podemos rebibir os cuartos da épica final da NBA na tempada 2008-2009 cos L.A. Lakers enfrontándose a Orlando Magic. A descarga para Xbox 360 ocupa 744 Mb.

PUBLICIDADE