A Xbox 360 está de festa durante a fin de semana
venres, 28 de novembro do 2008
Dende o venres ao
domingo Microsoft celebra entre os usuarios da Xbox 360 o Xtival 08, unha
feira na que todas as contas de usuarios pasarán a ser Gold o que permitirá que os usuarios que non pagan polo servizo
Xbox LIVE o poidan empregar de balde a xeito de proba, á vez que se ofrecen
interesantes elementos en descarga (coma un vÃdeo musical de The Prodity, outro
de Franz Ferdinand ou uns webisodes
baseados na pelÃcula de Watchmen).
Tamén se celebrarán concursos (torneo de PES
2009, FIFA 2009 ou Gears of World 2) entre os que
participen na iniciativa, de xeito que o Xtival 08 será toda unha festa para os
amantes aos videoxogos que se poden achegar ao xogo en liña se aÃnda non gozan
do mesmo.