A Wii derrota á PS3 no Xapón

martes, 2 de xaneiro do 2007 Marcus Fernández

A comparación no volume de vendas das consolas de videoxogos de nova xeración resulta difícil de concretar polo feito de que a PS3 aínda non está á venda en Europa, polo que a Nintendo Wii case triplica o número de unidades vendidas a escala global, pero se miramos os mercados particulares coma o nipón (onde tradicionalmente Sony acada bos resultados) podemos ver que a consola de Nintendo duplica os resultados de Sony.
A Nintendo Wii confirma así a súa revolución grazas ó seu Wiimando, que xunto co seu prezo máis económico e xogos de éxito (como a nova entrega de Zelda) lle dan unha posición impensable hai uns meses, e que se están a replicar nos EE.UU.
Pero parece que a PS3 non está a funcionar mal só no Xapón, senón que nos EE.UU. o seu desembarco parece disparar as vendas da Xbox 360 de Microsoft, polo que parece que Sony deberá agardar para ver o triunfo da súa consola, que aínda parece excesivamente cara para chegar ó seu público.

PUBLICIDADE