A Wii contará cunha canle de descargas para Nintendo DS

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Nintendo anunciou que os usuarios da Wii contará cunha nova canle na súa consola dende a que facer descargas para a Nintendo DS, de xeito que se poderán obter demostracións de xogos e engadidos para os mesmos, e incluso podería empregarse para a distribución de xogos completos, emulando o dobre xogo que fai Sony coas descargas para a PSP dende a PS3 (ou o PC).
Reggie Fils-Amie, presidente da división norteamericana de Nintendo, declarou ó The New York Times que un dos títulos que fará uso destas novas prestacións será o Professor Layton, que permitirá a descarga de novos puzzles a resolver.

PUBLICIDADE