A Wii contará con novos accesorios de Star Wars

venres, 26 de xuño do 2009 Marcus Fernández

De cara ao lanzamento do xogo para Wii Star Wars – The Clone Wars: Republic Heroes sairá finalmente un accesorio que permitirá converter o Wiimote nunha espada de luz da saga galáctica de George Lucas, podendo mercarse en modelos de cúas cores (unha sería a arma de Ioda e a outro a de Anakin).
Tamén sairá o Clone Trooper Blaster, que permite acoller o Wiimote e o nunchuk para convertelos nunha arma de fogo para os xogos de Wii que o aproveiten.
Estes novos complementos para os mandos da Wii serían os primeiros que contarían coa licenza de Star Wars (xa existían distintas imitacións) e coma principal eiva dos mesmos hai que destacar que tanto os accesorios coma o novo xogo para Wii non soportarán o Wii Motion Plus, o que parece unha mala nova, a que este complemento podería achegar unha mellor experiencia de xogo.

PUBLICIDADE