A Wii U estreará novos packs en novembro

xoves, 10 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Coa vista posta no Nadal, Nintendo anuncia o lanzamento de novos lotes da súa consola Wii U, que comercializaranse incluíndo co dispositivo algúns dos xogos de máis éxito da última consola doméstica de Nintendo, que pretende continuar o éxito da Wii, o que terá moi difícil, especialmente porque este mesmo ano chegan ao mercado a PlayStation 4 e a Xbox One.
Para comezar, o 8 de novembro estará dispoñible o Mario & Luigi Premium Pack, que inclúe a consola negra con 32 Gb de almacenamento interno que incluirá os xogos New Super Mario Bros. U e New Super Luigi U, fundamentais para calquera seareiro das aventuras do fontaneiro de Nintendo.
Para xogar en familia a partir do 15 de novembro teremos un lote coa Wii U de 8 Gb, un GamePad, un mando Wii Plus e os xogos Wii Party U e Nintendo Land; e na mesma liña o 22 de novembro chegará un lote tamén coa consola básica, pero cos xogos Just Dance 2014 e Nintendo Land.
Estes lotes de Wii U con xogos espérase que teñan un prezo duns 299,95 euros, ou sexa, o prezo que terían en condicións normais sen xogo adicional, polo que é unha boa opción para introducirse nesta plataforma de xogo en alta definición.

PUBLICIDADE