A USC traballará nun observatorio para pescudar nos medios dixitais e loitar contra a desinformación
venres, 7 de maio do 2021
- Procurando información na Biblioteca de Medicina da USC/ Imaxe de Santi Alvite
A
Universidade
de Santiago informou esta semana da súa participación nun
observatorio para investigar os medios dixitais e realizar
seguimentos exhaustivo da desinformación. Este novo centro de
monitoraxe, coordinado pola Universidade de Navarra, coñécese como
Iberifier, e é un dos oito hubs rexionais que formarán parte
do European Digital Media Observatory da Comisión Europea. O
traballo da USC materializarase a través do grupo de investigación
Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación, dirixido polo
catedrático Xosé López. O consorcio está integrado por 23
institucións de España e Portugal para centrarse na análise dos
medios dixitais.
O
observatorio centrará as súas investigacións en cinco liñas de
traballo. En primeiro lugar, investigará as características e
tendencias do ecosistema ibérico dos medios dixitais. Asemade,
desenvolverá tecnoloxías computacionais para a detección temperá
da desinformación; e verificará e desmentirá a desinformación no
territorio ibérico, reportando á Comisión Europea.
Amais,
adicarse a achegar tamén informes estratéxicos sobre ameazas de
desinformación, tanto para o seu coñecemento público como para as
autoridades de España e Portugal.
Por
último, traballará en iniciativas de alfabetización mediática
dirixidas a xornalistas e informadores, mozos e mozas, así como á
sociedade no seu conxunto.
A
súa posta en marcha “supón un fito na investigación sobre os
medios dixitais, pois creará un observatorio de máximo nivel,
composto por máis de 70 investigadores, especializados en áreas
como a comunicación dixital, as ciencias da computación e os datos,
e a análise estratéxica”, sinalan dende este consorcio integrado
por doce universidades, cinco organizacións de verificación e
axencias de noticias, e outros seis centros de investigación
interdisciplinarios.