A USC lanza en probas a súa aplicación móbil para a práctica do deporte

luns, 15 de febreiro do 2021 Sandra Rivadulla

Deportista nas pistas da Universidade de Santiago nunha imaxe de Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha a aplicación móbil USC Deportes, dispoñíbel para as persoas usuarias do seu Servizo de Deportes. Esta proposta está deseñada para consultar e seguir á carta un repositorio de clases virtuais de balde da man de profesorado experto e cualificado.
A aplicación consegue ampliar o catálogo de recursos dispoñibles para o conxunto da comunidade universitaria, así como propoñer novas ferramentas para afrontar a situación actual con alternativas que axuden a continuar coa programación de actividades con independencia das circunstancias socio-sanitarias.
Polo momento a aplicación encóntrase en período de probas. Para acceder é necesario descargala e rexistrarse dende a conta de usuario/a habitual.

PUBLICIDADE