A USC e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos organizan un mestrado en ciberseguridade e ciberdefensa
xoves, 16 de setembro do 2021
O
Centro Mixto de Estudos de Seguridade da Universidade de Santiago de
Compostela e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos organizan
o Máster
en Ciberseguridade e Ciberdefensa, dirixido por Luis MÃguez
Macho. Segundo informan, o mestrado ten aÃnda varias prazas libres
para formalizarmos a matrÃcula, cuxo prazo remata o vindeiro 30 de
setembro. A data de inicio da formación, que se vai levar a cabo en
formato en liña, é o 7 de outubro.
A
matrÃcula está bonificada pola FUNDAE, polo que persoas autónomas
e traballadoras por conta allea poderán financiar o mestrado a
través das cotas de Formación Profesional. Esta actividade
formativa vai especialmente dirixida a graduados universitarios,
oficiais egresados de academias militares ou de seguridade e
equivalentes.
Pode
solicitar máis información na caixa de correos de correo
electrónico ceseg@usc.es.
Entre
os obxectivos do mestrado figuran os que citamos a continuación:
-Coñecer
os aspectos nucleares que vertebran as estratexias de ciberseguridade
e ciberdefensa, asà como os aspectos éticos e legais necesarios
para comprender o funcionamento e alcance das ferramentas
dispoñÃbeis.
-Coñecer
os sistema de xestión de seguridade da información.
-Establecer
estratexias de seguridade ante ameazas: detección do risco,
pentesting, análise do malware, resiliencia e
recuperación.
-Coñecer
as caracterÃsticas básicas e a iniciación no ámbito da
ciberintelixencia a través das súas dinámicas de traballo.
-Coñecer
cales son os mecanismos de ciberataque e identificar as
vulnerabilidades propias fronte a eles.
-Comprender
o funcionamento dos mecanismos concernentes aos conflitos hÃbridos
relacionados cos ámbitos da ciberseguridade e ciberdefensa, asÃ
como as operacións no ámbito do ciberespazo.