A UNED organiza en Viveiro un curso de e-learning 2.0
mércores, 3 de febreiro do 2010
O
Concello de Viveiro, en colaboración coa Universidade a Distancia (UNED) en
Lugo, vén de anunciar a celebración, o vindeiro 23 de febreiro, dunha xornada
sobre TecnoloxÃas da Información e da Comunicación de última xeración, E-learning 2.0, que impartirá o profesor
Manuel Gromaz Campos na Aula Universitaria de Viveiro.
O
curso, que ten como obxectivo propocionarlle ás persoas asistentes as destrezas
e competencias necesarias para empregar entornos virtuais open source de última xeración dende un punto de vista didáctico,
ten un custe de 5 euros e outorgaralle 1 crédito UNED de Libre Configuración e
0,5 créditos ECTS a tódolos asistentes.
A
xornada consta de dúas sesións, unha primeira sesión presencial, de catro horas
de duración e outra sesión virtual, de 21 horas, baseada na aprendizaxe a
distancia e na interactividade virtual cos alumnos, é dicir, o que se coñece
como metodoloxÃa Blended-learning.
Os
alumnos e alumnas asistentes, que recibirán cadanseu diploma acreditativo,
traballarán fundamentalmente con tecnoloxÃas de software libre de última
xeración, tales como Webminars, LMS, ePorfolios,
Redes Sociais, Entornos Virtuais 3D…
Os
contidos que se van tratar na sesión teórica son, entre outros, unha introducción
ao que é o e-learning e unhas nocións
básicas sobre o que é o software comercial e o software libre.
Tamén
se tratará o tema da e-learning na
empresa e na administración para logo, no obradoiro virtual, aprender a crear,
administrar e xestionar cursos virtuais a través de sistemas de xestión da
aprendizaxe.
O
temario tamén inclúe, nesta sesión virtual, o emprego de ferramentas de
comunicación sincrónica (tutorÃas en liña), asà como o emprego de ferramentas
de comunicación asincrónica, como son os debates e o traballo en grupo.
Por
último, as pesoas asistentes iniciaranse no deseño en liña de contidos.