A Torre de Hércules ilumina Mundos Digitales
venres, 12 de xullo do 2019
O congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media Mundos Digitales chegou hoxe ao seu ecuador, nunha xornada na que tiveron lugar algúns dos seus relatorios máis importantes, entre os que non podemos esquecer a charla de Sergio Prieto, de Gato Salvaje, quen baixo o tÃtulo de The Waylanders: Creando a mÃtica Brigantia a partires da Coruña real, avanzou detalles do videoxogo que están a desenvolver dende a cidade herculina, e que no panorama español do desenvolvemento de videoxogos é un dos traballos máis ambiciosos actualmente.
The Waylanders
Prieto explicou como The Waylanders é un tÃtulo
ambientado en dúas épocas diferentes, o que permite mesturar mitoloxÃas e
lendas celtas e medievais, á vez que trasládanos a escenarios recoñecibles como
a Torre de Hércules, a Catedral de Santiago de Compostela, a Illa de Ons ou Ézaro.
Para iso foi preciso un traballo de documentación histórico e arquitectónico, adaptación
artÃstica, modelado, texturizado e outros procesos que se explicaron esta mañá
en PALEXCO, nun relatorio no que en todo momento estivo moi presente a
emblemática Torre de Hércules, que este ano está a celebrar o 10º aniversario
do seu recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.
No mes de agosto poderemos coñecer máis detalles do xogo, xa que aproveitará a
celebración da Gamescom en Colonia para presentar ao mundo moitas novidades
deste proxecto que está a situar a Galicia no desenvolvemento global de videoxogos.
Traballar para ILM
Entre as charlas da mañá tamén resultou interesante poder coñecer o traballo de Jesús Garrido para Industrial Light & Magic (ILM), o que permitiulle formar parte de proxectos como Star Wars: Los Últimos Jedi, Ready Player One, Los Vengadores: Infinity War e incluso da nova Star Wars: El ascenso de Skywalker. Un bo exemplo de profesional que comezando a súa carreira como operador de cámara e editor nunha modesta televisión remata traballando como senior compositor de ILM en Londres.
A realidade mixta
Nos espazos expositivos de Mundos Digitales é posible probar
distintas experiencias de realidade virtual, un plató de televisión virtual e
outras tecnoloxÃas entre as que destacaba unha moi especialmente pola súa novidade:
a solución de realidade mixta Magic
Leap One, que chegou
ao mercado profesional dun xeito moi limitado, polo que aÃnda resulta
bastante difÃcil achegarse a esta tecnoloxÃa cun futuro moi prometedor.
Para introducir nesta tecnoloxÃa celebrouse unha
conferencia de Edgar MartÃn-Blas, quen ilustrou sobre o potencial das
solucións de realidade mixta como as Magic Leap One, das HoloLens 2 e incluso
das rumoreadas lentes de realidade aumentada de Apple (que coméntase que serÃan
basicamente un casco parvo que dependerÃa do propio iPhone para crear
unha realidade aumentada de grande realismo).
Lembremos que solucións como Magic Leap One o que fan é inserir contidos
virtuais na propia realidade que temos ano noso redor, integrando os elementos
tridimensionais no contorno dun xeito realista e tendo en conta a xeometrÃa
espacial, co detalle engadido de que estas tecnoloxÃas están baseadas en
procesadores móbiles, xa que pretenden minimizar o uso de cables e non depender
de grandes equipos informáticos, de aà que esteamos ante unha tecnoloxÃa que
está a evolucionar a unha velocidade menor da que nos gustarÃa, pero que en
poucos meses poderÃa superar esa barreira que farÃa que puidésemos ver xa
produtos de consumo que abrisen a porta a todo un mundo de posibilidades (que
van dende o lecer até a aplicacións industriais).
Presenza da Universidade da Coruña
O Campus Innova e o Campus Industrial da Universidade da
Coruña contan este ano cun expositor próximo á entrada de PALEXCO, que serve
principalmente para dar a coñecer as titulacións relacionadas coa temática do
congreso, como son o Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e
Comercialización de Videoxogos (impartido en Ferrol dende o pasado curso) e o
novo Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (que comezará a
impartires no vindeiro curso).
Os responsables do stand da Universidade da Coruña recoñecen que o interese
polas titulacións relativas ao sector dos videoxogos está a ser moi elevado, e
confÃan en que iso tradúzase nunha elevada demanda desas titulacións para o curso
que vén, xa que resulta innegable que estamos ante un sector con grandes saÃdas
laborais que encaixa coas paixóns de moitos estudantes polos videoxogos e a
creación dixital en xeral.
A xornada do sábado
Carlos Caballero, supervisor de DFX de MPC, impartirá
unha conferencia o sábado sobre Dumbo, o filme de Tim Burton no que
tiveron que dar vida a un elefante voador dun xeito hiperrealista. Caballero
explicará dende os primeiros pasos en arte conceptual até a iluminación e a
composición.
Non será a única superproducción que protagonizará as charlas de mañá, xa que Mundos
Digitales finalizará cunha sesión especial sobre os efectos da serie de HBO Game of Thrones na que Félix Bergés, Marga Vilalonga, David Ramos e Javier
Roca, de El Ranchito, abordarán como foi darlle vida e credibilidade a algúns
dos seus personaxes, asà como a ambientación e creación dixital dalgunhas das
súas localizacións.
Uno dos momentos máis esperados de Mundos Digitales é a
cerimonia de entrega dos International Animation Festival.
O premio especial pola súa traxectoria profesional recaerá sobre Gonzalo Rueda,
pero até mañá non se saberá cal son as curtas de animación que gañarán nas
categorÃas de Nacional, Internacional e Animación.
Entre os nomeados á mellor curta Nacional e
Internacional atópase La Noria, un audiovisual de Carlos Baena, de NightWheel Pictures, que, entre outros moitos recoñecementos, gañou un Goya este
mesmo ano. A curta foi a imaxe de Mundos Digitales antes mesmo da súa estrea. O
corte do coruñés Juan Carlos Pena Peixe,
é finalista na categorÃa Nacional.
- Un dos retos da tecnoloxÃa de cascos de realidade virtual é facela portátil, para o que xa existen solucións comerciais
- Un set televisivo virtual é unha das solucións máis interesantes que pode verse nesta edición de Mundos Digitales