A TVG ofrece en primicia novos episodios de Método Criminal a través da web
venres, 21 de maio do 2021
A Televisión
de Galicia leva uns dÃas dinamizando a súa presenza na Rede, con retransmisións
en directo a través de YouTube e Twitch, e agora tamén potenciando EnSerie.gal,
sección do seu servizo de televisión á carta destinado ás series de ficción,
que dende
hoxe ofrecen capÃtulos da serie de humor Método Criminal antes da súa
emisión a través da televisión tradicional.
O
capÃtulo 16 da serie, cuxa emisión está prevista para o vindeiro domingo,
xa está dispoñible en EnSerie.gal, pero tamén o
capÃtulo 17, de xeito que a web da Galega terÃa unha vantaxe de 2 episodios
fronte a TDT, o que pode lembrar á estratexia que seguen outras canles de
televisión, que ofrecen episodios en primicia a través das súas plataformas de
vÃdeo baixo demanda.
Será interesante ver se este tipo de estratexia consegue que o servizo de vÃdeo
baixo demanda incremente o seu uso, aÃnda que cómpre lembrar que EnSerie.gal é
unha canle chamada a ser substituÃda por unha OTT propia da CRTVG na que estarán
dispoñibles os contidos de ficción da Galega.
- EnSerie.gal ofrece actualmente un par de emisodios de Método Criminal inéditos en televisión