A Sionlla acollerá o dÃa 13 a Xornada da Industria da X edición da Maker Faire Galicia
martes, 3 de decembro do 2024
O Biopolo da Sionlla acollerá o vindeiro 13 de decembro a Xornada da Industria da X edición da Maker Faire Galicia, que reunirá expertos/as de referencia mundial para explorar como a tecnoloxÃa e a innovación están a transformar sectores clave como a saúde, a ciberseguridade, a arte e a industria.
A xornada, que dará comezo ás 10.00 horas cun café de benvida e visita aos stands, incluirá unha selección dos 10 mellores proxectos do Call for Makers 2024, procedentes de diferentes puntos de España, que estarán expostos ao longo de toda a xornada.
O acto inaugural contará coa participación de representantes da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Biopolo da Sionlla e a propia organización da Maker Faire Galicia, destacando o papel fundamental das institucións e os ecosistemas locais no impulso á innovación.
Entre os grandes nomes que participarán nesta xornada destacan os seguintes:
Eduardo Fernández, director do Instituto de BioenxeñerÃa da Universidade Miguel Hernández e director do grupo de NeuroingenierÃa Biomédica del Centro de Investigación Biomédica en Red de BioingenierÃa, Biomateriales y Nanomedicina (CIBER-BBN), é un referente mundial no eido da bioenxeñarÃa. O seu traballo céntrase no desenvolvemento de neuropróteses visuais e na mellora da biocompatibilidade de implantes neurais, explorando a conexión directa entre o cerebro e sistemas artificiais. Ademais, recentemente liderou o Congreso Internacional The Brain and The Chip 2024 en Elche, onde compartiu colaboración e espazo con lÃderes mundiais como Daniel L. Adams, de Neuralink, para explorar os lÃmites da neurotecnoloxÃa na restauración de funcións sensoriais e motoras perdidas, consolidando o seu papel como pioneiro neste ámbito.
Yaiza Rubio, responsábel de metaverso en Telefónica, quen ofrecerá unha visión pioneira sobre o impacto do metaverso e a ciberseguridade no futuro dixital. Rubio, coñecida como a primeira hacker española en participar nos prestixiosos eventos Def Con e Black Hat Briefings, actualmente lidera proxectos como Network Tokenization.
A compostelá Mónica Bello, directora de Arts at CERN, recentemente galardoada nos prestixiosos premios S+T+ARTS da UE polo seu programa de residencias que conecta arte e ciencia. Bello compartirá como estas dúas disciplinas poden inspirar novas formas de comprender e transformar a sociedade.
Adrián Mosquera Orgueira, hematólogo e investigador no Hospital Universitario de Santiago de Compostela e no IDIS, lidera o Grupo de HematoloxÃa Computacional e Xenómica (GrHeCo-Xen). Adrián combina a súa práctica clÃnica co desenvolvemento de proxectos de Intelixencia Artificial para personalizar tratamentos oncohematolóxicos, mellorar o diagnóstico e descubrir novos fármacos mediante algoritmos avanzados e modelos de aprendizaxe profunda.