A SNK 40th Anniversary Collection chega a Xbox One

venres, 3 de maio do 2019 Marcus Fernández

Para celebrar o seu 40º aniversario SNK lanzou unha compilación de xogos que na súa meirande parte trunfaron en máquinas recreativas que contou con versións para Nintendo Switch e PlayStation 4, e que hoxe mesmo estrea versión para Xbox One, de xeito que xa podemos mercar a SNK 40th Anniversary Collection para a consola de Microsoft por 39,99 euros.

Concretamente os xogos incluídos nesta colección son Alpha Mission, Athena, Crystalis, Ikari Warriors, Victory Road, Ikari III: The Rescue, Guerrilla War, P.O.W., Prehistoric Isle, Psycho Soldier, Street Smart, TNK III, Vanguard, Chopper I, Fantasy, Munch Mobile, Sasuke vs Commander, Time Soldiers, Beast Busters, Bermuda Triangle, Ozma Wars, Paddle Mania, Star Search and Rescue e World Wars. Temos así unha excelente oportunidade para facernos con 24 clásicos, que en varios casos marcaron os pasos a seguir no seu xénero, e que moitos xogadores actuais descoñecen totalmente porque non conseguiron consolidarse en lonxevas franquías.

Tráiler da versión para PS4 da SNK 40th Anniversary Collection

PUBLICIDADE