A Rede de Dinamización fai balance das súas actividades e anuncia novos obradoiros
xoves, 26 de febreiro do 2009
A
falta de tres días para que remate este mes, a Rede de Dinamización da Sociedade
da Información, da Consellaría de Innovación e Industria, vén de facer balance
do que dou de sí Febreiro, este ano.
A
entidade segueu a apostar neste periodo pola inmersión da sociedade galega nas
novas tecnoloxías e, neste senso, impartiu un total de 177 obradoiros
tecnolóxicos, a través dos que se formaron a un total de 795 persoas ao longo
de 1.424 horas.
Os
obradoiros máis impartidos foron Iniciación
á Internet e Iniciación á Informática;
seguidos moi de preto por Iniciación á
Informática: Linux e Creación dunha
conta de correo electrónico.
Os
seguintes na listaxe dos obradoiros máis impartidos foron, Xogos de mesa en Internet, Saúde en Internet e Manexo do teléfono móbil, que poñen de manifesto a grande diversidade
formativa que oferta a Rede na actualidade.
Asemade,
un total de 971 persoas inscribíronse como usuarios e usuarias da Rede para
poder aproveitar as instalacións e as iniciativas que se ofertan nas horas de
aula aberta, que como de costume, seguen a ser de balde.
En canto aos números xerais da Rede, dende que botara a andar en xaneiro de
2007 foron xa, segundo veñen de afirmar, 20.645 os usuarios e usuarias que fixeron o
carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 4.047 obradoiros nos que se formou
a 25.967 participantes.
Programación para marzo
Para
o vindeiro mes de marzo, a Rede tén planeado organizar de novo numerosos
obradoiros e iniciativas que se van levar a cabo en distintos centros, como por
exemplo no de Arzúa, onde se desenvolverán, entre o 16 e o 31 de marzo,
distintos obradoiros sobre Videomontaxe e
Elaboración dun blog, cos que se
dotará aos participantes dos coñecementos necesarios para desenvolver unha peza
audiovisual coa temática: Memorias da
festa do queixo.
En
Boiro, tamén está prevista a realización dunha Iniciativa sobre o día do pai, na que participarán cativos e
cativas de entre 6 e 10 anos, que crearán un blog onde introducirán fotografías
deles e delas cos seus proxenitores.
En
Betanzos, xa hai dúas semanas que se puxo en marcha a Web da semana, un proxecto que seguirá a desenvolverse ata o mes de
maio e que consiste en ir presentándolles aos usuarios, unha páxina web
interesante e coñecida cada semana, que eles poderán puntuar en función da súa
estética e funcionalidade.
Por
outra banda, os usuarios da aula de Poio, están a crear un arquivo de fotografías
antigas da vila, de grande interese histórico, dentro dun proxecto que se fai
chamar, Poio, vivencias dun pasado.
A
Rede de Dinamización inclúe máis información sobre distintos obradoiros e
iniciativas que se van levar a cabo próximamente, na súa páxina web.