A PlayStation Store retoma as rebaixas de verán

mércores, 19 de xullo do 2017 Marcus Fernández

A PlayStation Store inicia hoxe un novo período de rebaixas que afectan a unha chea de xogos para PS4, PS3 e PS Vita entre so que hai produtos bastante atractivos como Battlefield 1, Tom Clancy’s Ghost Recon Wildlands, EA Sports FIFA 17, Rachet & Clank ou Tekken 7, e incluso bastantes títulos para PlayStation VR, polo que hai unha nova oportunidade para ampliar a nosa colección de xogos de cara ao tempo de lecer do verán.
Nas Rebaixas de Verán da PlayStation Store podemos atopar, por exemplo, Grand Theft Auto V a 29,99 euros, FIFA 17 a 19,99 euros, Battlefield 1 a 26,49 euros, Tekken 7 a 49,99 euros, Star Wars Battlefront a 9,99 euros, Mad Max a 12,99 euros, The Last Guardian a 19,99 euros, Titanfall 2 a 19,99 euros, Bloodborne a 16,49 euros, God of War III a 14,74 euros, The Order: 1886 a 12,99 euros e Rayman Legends a 7,99 euros, de xeito que por unha cantidade de cartos bastante contida podemos facernos con grandes lanzamentos que poden achegar moitas horas de diversión.

PUBLICIDADE