A PlayStation Store oferta xogos a menos de 10 euros

mércores, 15 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Dende hoxe e até o 1 de decembro os xogadores de PlayStation 4 teñen unha excelente oportunidade para ampliar a súa colección de xogos, xa que a PlayStation 4 lanza unha promoción con preto dun cento de títulos por menos de 10 euros, de xeito que os que non queren realizar un grande investimento poden aproveitar para facerse con grandes xogos a un prezo moi axustado.
Como algúns exemplos de ofertas temos Tomb Raider: Definitive Edition a 9,99 euros, Mirror’s Edge Catalyst a 7,99 euros, Battlefield 4 a 5,99 euros, as 3 primeiras entregas de Uncharted a 7,74 euros cada unha, Need for Speed Rivals a 6,99 euros, Rayman Legends a 9,99 euros, Ultimate Marvel vs. Capcom 3 a 9,99 euros, Tetris Ultimate a 3,99 euros ou Payday 2: Crimewave Edition a 5,99 euros.

PUBLICIDADE