A PlayStation Store oferta varios xogos durante esta fin de semana

venres, 20 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Pese a estarmos aínda en plenas rebaixas de Halloween, a PlayStation Store vai ofertar durante esta fin de semana varios descontos especiais para títulos recentes, animando así a moitos xogadores a facerse con eles sen ter que agardar ás habituais rebaixas de Nadal, como Uncharted: El Legado Perdido, que até o luns terá un desconto do 25%, de xeito que poderá mercarse por 29,99 euros en formato descargable.
Outros xogos rebaixados serían Destiny 2 (dispoñible dende 49,99 euros), EA Sports NHL 18 (dende 44,99 euros), Madden NFL 18 (dende 44,99 euros), NBA Live 18: edición The One a metade de prezo (34,99 euros) e Elite Dangerous (dende 13,99 euros). Unhas ofertas anticipadas que de seguro que aledarán a fin de semana a máis de un.

PUBLICIDADE