A PlayStation Store oferta numerosos xogos a menos de 20 euros
venres, 19 de xaneiro do 2018
Novas rebaixas
chegan á PlayStation Store para revitalizar as vendas especialmente entre os
que queren ampliar a súa colección de xogos sen realizar grandes investimentos,
o que agradecerán especialmente os que se fixeran cunha PS4 no Nadal e queira
gozar de moitos grandes xogos dos últimos anos a un prezo moi accesible. A nova
promoción consiste nunha selección
de numerosos xogos por menos de 20 euros.
Estas rebaixas facilÃtannos a compra dun xogo que supuxo unha grande revelación
nos últimos meses como Hellbalde: Senua’s
Sacrifice por 19,99 euros, de todo un imprescindible como The Last of Us Remastered por 19,99
euros, dun xogo tan agardado como The Last
Guardian por 14,99 euros, de Okami HD
por 13,99 euros, das dúas entregas de Metal
Gear Solid V por 9,99 euros, de Fallout
4 por 14,99 euros, de Far Cry 4
por 11,99 euros, das 3 primeiras entregas de Uncharted a 7,99 euros cada unha, ou de God of War III Remasterizado por 14,99 euros (11,49 euros para
usuarios con PS Plus).
Adicionalmente, e até o dÃa 24, as subscricións a PlayStation Plus tamén están de oferta, de xeito que por 59,99 euros ao contratarse 12 meses de servizo recÃbense 3 meses adicionais.