A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de xaneiro

venres, 23 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Tras o inicio do novo período de rebaixas da tenda de Xbox estaba claro que na PlayStation Store ía facer o mesmo, e hoxe temos aquí as novas ofertas, que ao igual que acontece no caso de Microsoft, aseguran que son as meirandes ofertas da súa historia, con descontos en xogos e contidos audiovisuais.
As chamadas ofertas de xaneiro da PlayStation Store, con descontos de até o 60%, afectan a xogos de primeira liña, de xeito que os que recibisen unha consola nestas datas ou simplemente queiran gozar do tempo de lecer adicional durante as festas teñen unha excelente oportunidade para engordar a súa colección de xogos.
Podemos destacar ofertas para PS4 como Rise of the Tomb Raider a 29,99 euros, Grand Theft Auto V a 34,99 euros, Titanfall 2 a 34,99 euros, Call of Duty: Infinite Warfare a 44,99 euros, a triloxía de Uncharted por 24,99 euros, Ratchet & Clank por 19,99 euros, Mad Max por 14,99 euros ou Unravel por 7,99 euros. Pero non só hai xogos completos rebaixados, senón que tamén é posible adquirir pases de tempada e contidos descargables, e incluso xogos para PlayStation VR, que pese a ser moi recentes xa teñen importantes descontos.

Vídeo promocional das novas rebaixas na PlayStation Store

PUBLICIDADE