A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de Semana Santa

mércores, 5 de abril do 2017 Marcus Fernández

É habitual que antes da chegada do verán ou do Nadal as tendas de xogos en formato descargable lancen promocións para que os usuarios poidan aproveitar o tempo de lecer que teñen por diante, e ante o que para moitos serán uns interesantes días de descanso a PlayStation Store lanza as súas Ofertas de Semana Santa, con descontos de até o 60% en títulos seleccionados de PS4, PS3 e PS Vita.
Entre os xogos ofertados podemos atopar grandes xogos de PlayStation 4 como Battlefield 1, Watch Dogs 2 ou Grand Theft Auto IV a metade de prezo (34,99 euros cada un), Overwatch: Origins Edition a só 39,99 euros (ou sexa, cun 42% de desconto), a edición estándar de FIFA 17 a só 24,99 euros, a edición Xogo do Ano de The Witcher 3 por 24,99 euros... e tamén algunha oportunidade salientable como Batman: Arkham Knight por só 12,99 euros, a edición Xogo do Ano de La Tierra Media: Sombras de Mordor por 13,99 euros, Dragon Ange: Inquisition por 5,99 euros, Assassin’s Creed Syndicate por 15,99 euros ou The King of Fighters XIV por 17,99 euros. Sen dúbida, unhas rebaixas equiparables ás doutras campañas festivas tanto en ofertas como no número de xogos incluídos, que desenvolverase até o vindeiro día 26.

PUBLICIDADE