A PlayStation Store inicia as rebaixas de primavera
mércores, 1 de abril do 2020
Até o vindeiro 29 de abril a
PlayStation Store celebrará as súas rebaixas de primavera, que comeza con
grandes ofertas que inclúen a grandes lanzamentos como Star Wars Jedi:
Fallen Order, FIFA 20, Mortal Kombat 11, Days Gone e moitos outros, que contan con descontos de
até o 60%, resultando esta promoción especialmente oportuna, xa que durante o confinamento
por mor da pandemia os videoxogos están a disparar o seu uso, e facilitar a
adquisición de tÃtulos en formato descargable a bo prezo animará a moitos a ampliar
a súa colección de xogos para PlayStation 4.
Dende hoxe podemos atopar ofertas como FIFA 20 a 27,99 euros, Star
Wars Jedi: Fallen Order a 39,99 euros, Grand Theft Auto V a 13,99 euro,
a edición de luxo de Assassin’s Creed Odyssey a 24,99 euros, Death
Stranding a 39,99 euros, a edición definitiva de Red Dead Redemption 2
a 34,99 euros, Mortal Kombat 11 a 24,99 euros, Resident Evil 2 a
19,99 euros, The Witcher 3 a 9,99 euros, God of War a 19,99
euros, Bloodborne a 14,99 euros, Dragon Ball FighterZ a 14,99
euros, DOOM a 7,99 euros, The Last of Us Remastered a 9,99 euros
e moitas outras promocións que renovaranse o vindeiro dÃa 15 con outros xogos.
Tamén hai descontos nunha selección de pelÃculas de PlayStation
Video.
VÃdeo promocional das rebaixas de primavera da PS Store