A PlayStation Store inicia as rebaixas de Black Friday

martes, 21 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Aínda que a PlayStation Store inicia oficialmente as súas ofertas de Black Friday o vindeiro xogos, os subscritores de PlayStation Plus poden acceder as mesmas dende hoxe, o que supón unha grande oportunidade para beneficiarse de importantes descontos incluso en xogos bastante recentes. Os descontos manteranse na tenda dixital até o 28 de novembro, e entre as ofertas compre destacar o desconto dun 25% nas subscricións de 12 meses a PlayStation Plus, dispoñible para todos os usuarios (ou sexa, que quen aproveite agora a oferta tamén poderá gozar do acceso anticipado ás rebaixas do venres negro).
Como exemplo das ofertas que están vixentes para os subscritores de PS Plus na PlayStation Store temos Gran Turismo Sport a 29,99 euros, FIFA 18 a 41,99 euros, Assassin’s Creed Origins a 48,99 euros, Uncharted: El Legado Perdido a 19,99 euros, Tekken 7 a 34,99 euros, Horizon Zero Dawn a 29,99 euros, Nioh a 23,99 euros, Uncharted 4 a 19,99 euros, Final Fantasy XV a 19,99euros, The Witcher 3 a 14,99 euros (19,99 euros na súa edición Xogo do Ano) ou Gravity Rush Remastered a 7,49 euros, ou sexa, moitos dos xogos máis vendidos do ano a prezos que en moitos casos nunca foron tan baixos.

PUBLICIDADE