A PlayStation Network recuperará o seu funcionamento pleno a finais de semana

martes, 31 de maio do 2011 Marcus Fernández

Sony anunciou que a finais de semana restableceranse totalmente todos os servizos da PlayStation Network en América, Europa e Asia (agás en Xapón, Hong Kong e Corea do Sur), polo que os usuarios do servizo finalmente poderán acceder a todas as funcionalidades da PlayStation Store, as adquisicións de contidos a través dos propios xogos, a posibilidade de trocar códigos e vales de descarga, a funcionalidade completa de Music Unlimited e de Media Go.
Rematará así unha incidencia que comezou o pasado 20 de abril, deixando sen servizo a máis de 77 millóns de usuarios de todo o mundo, e que no seu proceso de recuperación aproveitouse para reforzar a súa seguridade e infraestrutura de rede.

PUBLICIDADE