A PlayStation 5 está de rebaixas de cara ao Black Friday

venres, 10 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Dado que está prevista a chegada dunha revisión de menor tamaño da PlayStation 5, era inevitable que o modelo anterior experimentase interesantes rebaixas de cara á campaña de Nadal, e por fin chegan os primeiros descontos agresivos co gallo do Black Friday que ten lugar este mes, de xeito que entre o 14 e o 27 de novembro a PlayStation 5 con disco óptico, que normalmente ten un prezo de 549,99 euros pasará a venderse a 429,99 euros, o que supón un aforro de 120 euros.
Pero as rebaixas non se limitarán ás consolas, senón que tamén os xogos estarán rebaixados e, por exemplo, poderemos facernos con Horizon Forbidden West por 39,99 euros, con God of War Ragnarok por 49,99 euros ou Marvel’s Spider-Man Miles Morales por 29,99 euros, todos eles na súa versión para PS5; e os mandos para a consola tamén teñen desconto, de xeito que varios modelos de DualSense poderase mercar por 49,99 euros.
Pero os xogadores que aínda non queiran dar o paso de saltar á nova xeración de consolas tamén pode gozar de grandes descontos en xogos, con títulos como Horizon Forbidden West por 29,99 euros, Ghost of Tsushima por 9,99 euros, Death Stranding por 9,99 euros e os xogos da colección PlayStation HITS, que normalmente custan 19,99 euros, poderanse adquirir por 9,99 euros.

Vídeo promocional da rebaixa de Black Friday de PlayStation 5