A PlayStation 4 chegará no Nadal a un prezo de 399 euros
martes, 11 de xuño do 2013
A pasada madrugada Sony desenvolveu a súa presentación
enmarcada na feira E3 destinada a dar a coñecer a súa consola PlayStation 4, e
anunciar tanto os xogos que terá dispoñibles como a polÃtica que seguirá a nova
plataforma de xogos en clara oposición á proposta de Microsoft cunha Xbox One
moi orientada á Rede.
AÃnda que os detalles técnicos da nova consola de Sony eran xa de sobra
coñecidos, faltaba por ver a súa aparencia externa, presentándose
unha máquina moi na liña das últimas xeracións de PlayStation (lembrando
especialmente á PS2) e buscando unha orientación vertical, gardando unha liña
bastante elegante pero cun volume considerable (mide 305 x 275 x 53
milÃmetros), pero o detalle máis salientable da PS4 non é o seu aspecto, senón o
prezo de lanzamento que terá, que será de 399 euros no seu modelo máis básico
(que non inclúe a PlayStation Camera que venderase solta por 49 euros) polo que
parte dun prezo 100 euros inferior ao da Xbox One (o que podemos entender que é
consecuencia da incorporación de Kinect como accesorio obrigatorio).
- A franquÃa de Kingdom Hearts retómase 8 anos despois da súa última entrega
A PlayStation 4 chegará a Europa antes do Nadal (sen concretarse data), e entre
os xogos cos que contará dende Sony quixeron destacar o Destiny de Bungie, Diablo III
de Bungie, Kingdom Hearts III e Final Fantaxy XV de Square Enix, Assassin’s Creed IV Black Flag e Watch Dogs de Ubisoft, NBA 2K14 de 2K Sports, The Elder Scrolls Online de Bethesda e Mad Max de Warner Bros. Interactive
Entertainment (selección algo rechamante por contar con varios xogos
multi-plataforma), numerosos xogos independentes e numerosas creacións dos
propios estudios de Sony como Killzone:
Shadow Fall, Knack, inFAMOUS: Second Son, #DRIVECLUB e The Order: 1886.
- Jack Tretton confirmou que Sony non tomará medidas contra a segunda man
Sony tamén soubo reaccionar ante a oposición do público ás medidas contra os
xogos de segunda man e a esixencia de conectar a consola á Internet por parte
de Microsoft, polo que o presidente da compañÃa, Jack Tretton, anunciou que a
PS4 non incluirá ningunha mediada de protección deste tipo, aÃnda que si
imitará á consola de Microsoft nun detalle: para poder xogar en liña será
preciso estar subscrito ao servizo PlayStation Plus (que custa 6,99 euros/mes).
A PS4 tamén carecerá de bloqueo rexional e facilitará a actualización do seu
disco duro.
Sobre os servizos que a nova consola terá en liña destaca o sistema de xogo na
nube de Gaikai, que facilitará o acceso a algúns xogos de PS3, pero que non
botará a andar ata 2014 e tamén un completo catálogo de contidos audiovisuais
dispoñible en liña, pero sen centrarse tanto neste aspecto como fai Microsoft.
A presentación completa de Sony no E3 vista en vÃdeo