A PlayStation 4 baixa de prezo até a Noite de Reis

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Os xogadores que queiran pedir unha PlayStation 4 aos Rei Magos están de sorte, pois a partires de hoxe e até o 5 de xaneiro Sony decidiu facer oficial a rebaixa do modelo básico da consola (con disco duro de 500 GB), que poderá adquirirse por 299,99 euros.
Aínda que non parece que vaian ter problemas de stock, dende Sony advirten que non só a oferta está limitada en tempo, senón tamén en unidades, xa que actualmente só teñen 40.000 consolas dispoñibles para aplicar esta oferta e logo recuperará o seu prezo ordinario (que era de 349,99 euros, aínda que numerosos establecementos por tal prezo inclúen un xogo sen cargo adicional).

Vídeo promocional da nova oferta de PlayStation

PUBLICIDADE