A PlayStation 3 recibe este mes unha remasterización da saga R-Type
xoves, 8 de maio do 2014
Sony confirma que o
vindeiro 21 de maio incorporará á PlayStation Store un auténtico clásico dos shoot’em up, o xogo de naves R-Type
Dimensions, que combina nun único produto os xogos R-Type e R-Type II
remasterizados para poder gozarse en alta definición na PlayStation 3,
respectando os 14 niveis orixinais que suman os dous xogos arcade recuperados
en formato descargable.
Non só incorporaron novos gráficos de alta resolución en 2D e 3D ao xogo, senón
que tamén engadiron novas pistas sonoras e incluso ofrecen a posibilidade de
conmutar entre os gráficos novos e os orixinais (para os amantes do retro) con só premer un botón. Como
novidades tamén teremos un modo de xogo infinito, un selector de nivel (que
permite aos xogadores adestrar para coñecer os niveis en profundidade), modo
multi-xogador local cooperativo, a posibilidade de xogar a cámara lenta, botóns
configurables, marcadores globais, estatÃsticas dos xogadores e trofeos.
Unha excelente oportunidade para rememorar todo un clásico sen ter que deixar
cantidades inxentes de moedas nos salóns recreativos.
- R-Type recibiu un tratamento para que os seus gráficos fosen acordes á alta definición que permite a PS3
Trailer de R-Type Dimensions para PlayStation 3