A PSP incorpora pequenas melloras no seu novo modelo
mércores, 20 de agosto do 2008
Sony elixiu a Games
Convention de Leipzig para presentar unha nova revisión da súa consola
portátil, que non supón ningunha revolución, senón que pule detalles que fai
máis doado o uso das aplicacións incorporadas nas últimas versións dos seu
firmware.
A PSP-3000 continúa a ser tan delgada coma o seu modelo anterior (lanzado en España o pasado
setembro) e incorpora unha pantalla antireflectinte (para mellorar a
visualización da pantalla en lugares ben iluminados ou no exterior), un
micrófono integrado (para utilizar funcións de voz ou Skype sen precisar duns
auriculares con micrófono) e saída de vídeo a 480 liñas entrelazadas (o modelo
anterior só incluía saída en progresivo, o que a limitaba aos televisores máis
novos).
A PSP 3000 chegará
ás tendas o 15 de outubro en varias cores (negro, branco perla e
prata) a un prezo de 199 euros.