A PS4 contará cun par de mandos profesionais con licenza oficial
xoves, 27 de outubro do 2016
As competicións de videoxogos profesionais demandan sistemas
de control de calidade para que os mandos empregados durante os campionatos non
supoñan un atranco, e para atender a esta demanda de mandos de xogo de
precisión Sony vén de outorgar licenza a un
par de mandos profesionais que chegarán este mesmo ano a PlayStation 4.
Un destes novos mandos serÃa o Razer
Raiju, que presenta unha ergonomÃa e personalización melloradas con
respecto a un mando DUALSHOCK estándar, incluÃndo 2 bumpers adicionais e 2 gatillos adicionais extraÃbles, panel de
control integrado na parte frontal do mando, interruptor mecánico do gatillo e modo
de disparo instantáneo para conseguir unha maior velocidade de resposta, 2
perfÃs personalizados para poder cambiar entre ambos ao instante, conector de
aurculares de 3,5 milÃmetros con control de volume, cubertas de caucho
extraÃbles para os joysticks que
melloran o agarre e un cable USB trenzado de 3 metros (que pode quitarse para
facilitar o almacenamento do mando).
O outro mando profesional para PS4 serÃa o Nacon Revolution,
que conta con 2 joysticks analóxicos
de 46º de amplitude, 4 botóns de acceso rápido adicionais, cruceta de 8
direccións, 4 perfÃs personalizados, 2 compartimentos interno con 6 pesas
adicionais para axustar o manexo e equilibrio, e un cable extraÃble de 3
metros.
Estes novos mandos sairán á venda de cara ao Nadal e cómpre lembrar que optan
polo seu uso mediante cable para evitar as interferencias e os retardos que
poden padecer os mandos sen fÃos, o que serÃa un problema no medio dunha
competición.