A PS4 actualiza o seu software de sistema e recibe a aplicación de Yomvi

mércores, 25 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Esta semana a PlayStation 4 recibe a actualización de sistema 2.50, que recibe como nome chave Yukimura, e que trae unha chea de novidades, como a función de suspender/reanudar (que permiten deixar unha partida con só premer o botón PS, par logo poder recuperar o xogo), a posibilidade de almacenar e recuperar datos do disco duro en USB, novas funcións sociais para localizar e comunicar cos amigos, novas posibilidades para compartir os trofeos gañados, melloras de accesibilidade, activación do uso a distancia e Share Play en xogos que soporten 60 fotogramas por segundo, posibilidade de activar a instalación automática de actualizacións de sistema, poder converter unha subconta nunha conta principal, soporte para contas verificadas e a posibilidade de subir vídeos directamente a Dailymotion a través do botón SHARE.
Pero ese esta novidade non fose dabondo, Sony tamén anuncia que a PlayStation 4 recibe a aplicación de Yomvi, de xeito que os usuarios da consola doméstica poderán subscribirse ao servizo Yomvi Play durante 3 meses sen custo nin compromiso de permanencia, o que abre o acceso a máis de 5.000 títulos e máis de 200 tempadas completas de series, xunto a documentais, música e unha taquilla con máis de 1.500 referencias.
Esta plataforma audiovisual a través da Internet tamén conta con paquetes temáticos que poden recibirse dende PS3 e PS4, como Yomvi Liga+, Yomvi Liga de Campeones+ e Yomvi Cine y Series+, de xeito que os usuarios poden contratar os contidos que máis se adapten aos seus gustos.

PUBLICIDADE