A PS3 terá xogos 3D en xuño, pero deberá agardar para o soporte de Blu-ray en 3D

luns, 19 de abril do 2010 Marcus Fernández

Dende Sony levan tempo anunciando que o vindeiro verán publicarán unha actualización para a PlayStation 3 que achegará as 3D á súa consola, de aí que moitos fabricantes estean a introducir no mercado distintos televisores preparados para esta tecnoloxía, pero os consumidores sentiranse parcialmente decepcionados, pois veñen de matizar que o firmware da PS3 que estará dispoñible en xuño só activará a experiencia de visión estereoscópica nos videoxogos, concretamente en 4 títulos descargables (Wipeout HD, Motorstorm Pacific Rift, PAIN e Super Stardust HD) que poderán descargar de balde os usuarios que merquen o novo televisor LED de Sony (modelo HX803), pero que para pode gozar de películas 3D en Blu-ray haberá que agardar a finais de ano, cando chegará unha nova actualización da PS3 que permitirá a reprodución de películas adaptadas para a súa visualización con lentes activas.
Sony tamén está a preparar o lanzamento de varios reprodutores de Blu-ray compatibles coa tecnoloxía 3D.

PUBLICIDADE