A PS Vita poderá reservarse dende o vindeiro día 30

martes, 15 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A PS Vita puido verse na pasada edición do GAMEFEST en MadridSony vén de anunciar que a súa nova consola portátil, a PS Vita, pese a non estar dispoñible ata o 22 de febreiro de 2012, poderá reservarse a partir do día 30 de novembro por un período de tempo limitado a cambio dun adianto de 30 euros que descontarase do prezo final (249/299 euros) o que non só garantirá pode ter a consola o día do seu lanzamento, senón que incluirá vantaxes como unha caixa exclusiva deseñada para a ocasión, un produto oficial de PlayStation de edición limitada, contido exclusivo e descontos de xogos para a tenda en liña PlayStation Store.

Os que reserven a PS Vita en El Corte Inglés poderán conseguir unha carteira exclusiva

O PS Vita Pack chegará en 2 versións diferentes: unha que incluirá uns auriculares oficiais de PlayStation con acabado metálico (dispoñible en múltiples establecementos) e outra que incluirá unha carteira de coiro decorada con motivos da marca, que permite tanto gardar cartos e tarxetas de crédito coma xogos de PS Vita nun compartimento oculto (pack dispoñible en exclusiva en centros de El Corte Inglés).
Os contidos desbloqueables/descargables de ambas versións serían un desconto de 5 euros na PlayStation Store en Little Deviants, Super Stardust Delta, Hustle Kings e Escape Plan, elementos de PS Vita para PlayStation Home, un accesorio anticipado para Frobisher Says! para PS Vita e un avatar exclusivo de PS Vita para PlayStation Network.

A meirande das tendas terán dispoñible a opción de adquirir a PS Vita en reserva cuns auriculares metálicos

PUBLICIDADE