A PS Vita baixará de prezo no Xapón
luns, 18 de febreiro do 2013
Non é ningún misterio que as últimas consolas en chegar ao
mercado están a ter un grado de adopción moi modesto, e ao igual que a Wii U
está a rexistrar malas vendas, á PS Vita de Sony tamén acontécelle o mesmo,
chegando a vender menos de 10.000 unidades no Xapón algunha semana, mentres que
a súa competidora máis directa, a Nintendo 3DS, colaca unhas 70.000 unidades.
Para poder mudar a situación dende Sony
realizaron unha emisión por streaming
na que o responsable para o territorio xaponés, Hiroshi Kawano, anunciou que os
usuarios da portátil poderán gozar unha semana de balde do servizo PlayStation
Plus (o que permitiralles, entre outras cousas, descargar de balde o xogo Uncharted:
El Abismo de Oro, asà como a rebaixa de prezo da consola o vindeiro dÃa
28.
Coa rebaixa da consola tanto o modelo 3G (actualmente á venda por 29.980 iens)
e o modelo Wi-Fi (dispoñible por 24.980 iens) pasarán a venderse a 19,980 iens
(159 euros), baixada
de prezo que polo momento non se aplicará a Europa, aÃnda que é de agardar
que chegue poucas semanas despois (como aconteceu en ocasións anteriores). Cómpre destacar que aÃnda que o prezo oficial da PS Vita en España sexa de
249,90 euros, é relativamente doado atopala a menos de 200 euros (incluso en
grandes cadeas de venda de videoxogos), dando a impresión de que o propio
mercado está a intentar axustar o prezo da consola portátil de Sony á
realidade, pois tras un ano no mercado está a resultar moi pouco relevante,
correndo o risco de non ser capaz de superar á súa predecesora (que tampouco
puido considerarse un grande éxito, por ser abandonada por moitos
desenvolvedores alleos a Sony).
- Soul Sacrifice poderase mercar xunto a unha PS Vita vermella
Durante
o anuncio da rebaixa de prezo da PS Vita, Kawano tamén deu detalles sobre
futuros xogos de tal plataforma, como Toukiden,
tÃtulo dos desenvolvedores de Dysnasty
Warriors que soportará ata 4 xogadores e estreará demo en abril; Soul Sacrifice, que venderase no Xapón a
partir do 7 de abril, podéndose adquirir conxuntamente cunha PS Vita de cor
vermello; Gundam Breakers (de Namco
Bandai) e Valhalla Knights 3, que
chegarán ao longo do presente ano.
Sen dar detalles sobre o seu lanzamento tamén amosaron imaxes de God Eater 2 e Final Fantaxy X HD.