A PS Store oferta grandes títulos para PS4

mércores, 3 de outubro do 2018 Marcus Fernández

A PlayStation Store inicial unha nova promoción, a chamada Grandes juegos, grandes descuentos, a través da que oferta numerosos títulos de grande peso a prezos moi agresivos, facilitando así que os usuarios que os deixaran pasar poidan agora incorporalos á súa colección, e facendo así atractiva a compra de xogos do seu fondo de catálogo nun momento do ano no que os usuarios teñen a vista posta nos grandes lanzamentos da campaña de Nadal.
Dende Sony destacan que entre os xogos de rebaixas están o último God of War, Detroit: Become Humane Shadow of the Colossus, pero son moitos máis os títulos cun prezo bastante, especialmente no caso dos subscritores de PS Plus, que en certos casos teñen un desconto dun 5% adicional. Temos así que Horizon Zero Dawn pode mercarse por só 15,99 euros (24,99 euros na súa edición completa), Nioh por 17,99 euros (22,49 na súa edición completa e as tres primeiras entregas de Uncharted poden adquirirse a 7,99 euros cada unha. A meirande parte dos xogos ofertados teñen descontos de entre o 40 e o 60%, de xeito que é unha boa oportunidade para mercalos, aínda que cómpre lembrar que non estamos ante unha oportunidade irrepepetible, xa que nos vindeiros meses haberá numerosas campañas que buscarán animar a consumir videoxogos en formato dixital que vaian máis aló do FIFA e o Call of Duty.

PUBLICIDADE