A PS Store inicia as súas rebaixas de xaneiro
venres, 21 de decembro do 2018
Hoxe botaron a andar as
rebaixas de Nadal de PlayStation, dispoñibles en tendas fÃsicas, pero a
PlayStation Store tamén ten rebaixas de seu, que rematarán o a primeiros de xaneiro.
Temos asà que até o 4 de xaneiro poderemos mercar Call of Duty: Black Ops 4 por 45,49 euros e a edición de luxo de God of War por 29,99 euros (26,49 euros
para subscritores de PS Plus); Fortnite –
Standard Founder’s Pack custará 19,99 euros e Marvel’s Spider-Man 39,99 euros até o 7 de xaneiro; xa até o 11 de
xaneiro teriamos FIFA 19 a 34,99
euros, Assassin’s Creed Odyssey a
34,99 euros, Battlefield V a 34,99
euros e NBA 2K19 a 39,99 euros; e até
o 18 de xaneiro teremos The Sims 4 e Tom Clancy’s The Division por 9,99
euros, Resident Evil 7 por 14,99
euros e Tekken 7 e Gran Turismo Sport por 19,99 euros.
Pero os citados non son os únicos xogos de oferta, senón que hai máis de dous
centos tÃtulos rebaixados estes dÃas, para que as festas de Nadal non sexan unha
barreira para ampliar a colección dixital de xogos. Temos asà unha boa
oportunidade para facerse con xogos como Shadow
of the Tomb Raider (que parte dos 31,49 euros), Soulcalibur VI, Just Cause 4
(que parte dos 51,49 euros), Horizon Zero
Dawn (que véndese por a partires de 15,99 euros) e moitos outros xogos.