A PS Store inicia as súas rebaixas de cara ao verán

venres, 9 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Dende a PlayStation Store non queren que os seus usuarios teñan que agardar ás rebaixas de Nadal, e poidan gozar xa de grandes xogos en formato descargable para aproveitar o tempo que teñan dispoñible no verán, polo que dende hoxe e até o 21 de xuño teñen descontos de até un 50% nunha chea de xogos entre os que non faltan algúns dos seus meirandes éxitos recentes, como Horizon Zero Dawn, Battlefield 1 e Nioh.
A listaxe completa de xogos ofertados é moi ampla, e entre as oferta destes días (incluso en tendas físicas) tamén podemos destacar que as subscricións de 12 meses a PS Plus poden conseguirse por 34,99 euros en vez dos 49,99 euros habituais (e moi lonxe dos 83,88 euros que custarían de mercarse as subscricións mes a mes).
Como algúns exemplos de ofertas para PlayStation dentro dos Days of Play temos Horizon Zero Dawn a 39,99 euros, Battle Field 1 por 29,99 euros, Nioh por 39,99 euros, The Last of Us Remastered por 24,99 euros, Rise of the Tomb Raider por 23,99 euros, Bloodborne por 21,49 euros, The Last Guardian por 24,99 euros, Titanfall por 22,99 euros, Watch Dogs 2 por 29,99 euros, Until Dawn por 21,49 euros e Gravity Rush 2 por 33,99 euros. Uns prezos moi atractivos para grandes títulos que garantes moitas horas de diversión.

Vídeo promocional das novas rebaixas na PS Store

PUBLICIDADE