A Noite Galega das Telecomunicacións estará presentada polo actor Javier Veiga

venres, 10 de outubro do 2014 Redacción

A gala anual organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia que se celebrará o 24 de outubro a partires das 20:00 horas no Gran Hotel da Toxa contará cun condutor moi especial, o actor e humorista grovense Javier Veiga, coñecido polo seu traballo en El Club de la Comedia e por protagonizar películas como O Ano da Carracha.
A XIX Noite Galega das Telecomunicacións e a Sociedade da Información estará dedicada este ano á Sociedade dixital e Saúde, e xuntará a preto de 300 persoas entre profesionais e empresarios dos sectores das TIC e da Saúde.
No transcurso da gala, farase entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, que recoñecen o labor das persoas e empresas que demostraron o seu compromiso co desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación ao longo de ano 2014. As sete categorías desta edición son as seguintes:
- Premio Ingeniero Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para Torus Software Solutions SL
- Premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2014 outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para Francisco
- Alberto Varela García, pola tese Análise xeoespacial para a caracterización funcional das infraestruturas viarias en modelos de accesibilidade territorial utilizando sistemas de información xeográfica.
- Premio INEO ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2014, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para a UTE Everis-Coremain polo seu proxecto InnovaSIS, Sistema integral de xestión de pacientes.
- Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa Amtega, para InfoJC S.L., polo proxecto, Dixesta: Tecnoloxías innovadoras para a vida saudable.
- Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para a compañía R.
- Socio de Honra 2014, da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a Cruz Vermella de Galicia.
- Enxeñeiro do Ano 2014 do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para Gil Carlos Bernárdez Matovelle.

PUBLICIDADE