A Nintendo Switch por fin funciona con auriculares Bluetooth
mércores, 15 de setembro do 2021
Pese a
que a Nintendo Switch é basicamente unha tableta Android de nVIDIA personalizada
por Nintendo, algunhas prestacións propias deste tipo de dispositivos non están
presentes, como a posibilidade de gozar de audio por Bluetooth, eiva que por
fin corrixe a nova actualización da Nintendo Switch.
Agora é
posible engadir dispositivos de audio Bluetotoh na Nintendo Switch, podendo
emparellar até 10 dispositivos distintos, aÃnda que só poderá empregarse un de
cada vez. Cómpre que o Bluetooth só está activado para auriculares e
altofalantes, ou sexa, que non permite o uso de micrófonos Bluetooth, e dende
Nintendo salientan que en función do dispositivo o Bluetooth pode achegar unha mala
experiencia de uso por mor da latencia de audio. O son por Bluetooth non poderá
empregarse durante as partidas multixogador en local (que cortarán
automaticamente o audio por Bluetooth ao iniciarse).
Resulta bastante rechamante que Nintendo tardase máis de 4 anos en incluÃr na
Switch unha función tan básica, aÃnda que moitos usuarios continuarán a preferir
o uso de auriculares con cable para unha mellor experiencia.