A Nintendo Switch 2 presentarase oficialmente o 2 de abril
xoves, 16 de xaneiro do 2025
Nas últimas semanas foron moitas as filtracións que estaban a adiantar o aspecto da futura Nintendo Switch 2, e para rematar coa situación Nintendo decidiu lanzar un vÃdeo cunha primeira ollada á consola, no que confirman que sairá á venda este mesmo ano, deixan ver como será fisicamente (máis grande que a anterior), reiteran que será compatible cos xogos da primeira Nintendo Switch e emprazan aos interesados a saber máis sobre ela nun Nintendo Direct programado para o 2 de abril.
Nintendo tamén anuncia que o vindeiro sábado ás 15:00 abrirá o rexistro para conseguir entradas para participar na Nintendo Switch 2 Experience, evento ao que poderemos acudir en Madrid (no ático da estación de ChamartÃn) entre os dÃas 9 e 11 de maio para probar a Nintendo Switch 2 de primeira man, aÃnda que o número de prazas dispoñibles é limitado, polo que o convite para asistir repartirase mediante sorteo.
- A Nintendo Switch 2 poderá probarse en Madrid a primeiros de maio
VÃdeo coa primeira ollada á Nintendo Switch 2