A Nintendo DS terá un xogo con podómetro

venres, 3 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Nos últimos días apareceron pola Rede imaxes dun podómetro de Nintendo que tiña ao público intrigado, e agora sabemos que se trata dun accesorio que virá incluído co xogo para Nintendo DS Your Life Rhythm, que sería unha especie de mestura entre o Brain Training e Wii Fit.
O podómetro será un dos accesorio para a DS que son tan importantes para o éxito dalgúns títulos, pois os complementos físicos son unha barreira infranqueable para a piratería (de nada serve copiar un xogo se non se conta co periférico para usalo) polo que non debería sorprender que ao igual que o Guitar Hero On Tour inclúe un accesorio, aconteza o propio con diversos xogos en 2009.

Así será o podómetro da Nintendo DS

PUBLICIDADE