A Nintendo DS axuda á vista

luns, 26 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Tralo éxito de Brain Training e Más Brain Training para Nintendo DS chega agora un xogo que en vez de buscar o adestramento da mente persegue o exercicio e a relaxación dos ollos do usuario: Training For Your Eyes.
O novo título para a consola portátil de Nintendo se desenvolveu coa colaboración do doutor nipón Hisao Ishagaki (experto en adestramento visual) e nos permite probar a capacidade da vista mediante exercicios e xogos breves e divertidos ó tempo que se van explicando os principais aspectos da visión.
Traning For Your Eyes ten 10 exercicios para a vista, centrándose en funcións cotiás como a coordinación ollo-man ou o movemento de ollos, para o que se ofrecen desafíos seguir a unha bola agochada nunha caixa, atopar rapidamente un número e mesmo participar en deportes coma o boxeo ou o tenis de mesa para mesturar as actividades básicas con aplicacións máis de lecer fan menos tediosa a práctica desta ferramenta para a vista que xa se vende por 29,95 euros.

PUBLICIDADE