A Nintendo 3DS poderÃa vender 8 millóns de unidades en EE.UU. e Europa durante o seu primeiro ano
mércores, 23 de febreiro do 2011
A pouco máis dun
mes para que a Nintendo 3DS chegue ao mercado español, moitas son as
informacións que están a publicarse sobre o previsible novo éxito de Nintendo,
e mentres a compañÃa nipona asegura que vai colocar 4 millóns de unidades no
primeiro mes á venda, o analista Mike Hickey (de Janco Partners) atrévese a
estimar que
Nintendo superará os 8 millóns de consolas vendidas en occidente durante o seu
primeiro ano á venda.
AÃnda que tal volume de consolas pareza esaxerado, se temos en conta que actualmente
hai preto de 150 millóns de Nintendo DS, podemos entender que o teito das
consolas portátiles está moi alto, superando por moito ás súas contrapartidas
domésticas (a Wii estarÃa preto dos 85 millóns de unidades, sendo a consola
doméstica de maior éxito na actualidade). Tamén pode resultar decisiva a expectación
creada polo feito de que a 3DS conta cunha pantalla autoestereoscópica, o que é
toda unha novidade que pode valerlle moita atención do público.
O catálogo inicial de xogos para a Nintendo 3DS tampouco parece ser manco, e a
coñecida revista nipona Famitsu xa valorou os primeiros tÃtulos de 3DS, chegando
a dar un elevado 38 sobre 40 ao xogo Nintendogs
+ Cats, seguido en valoración polos 34 puntos acadados por Super Street Fighter IV 3D Edition e Samurai Warriors Chronicles e os 32
puntos de Winning Eleven 3D Soccer (Pro Evolution Soccer en Europa), Ridge Racer 3D, Super Monkey Ball 3D e Professor
Layton and the Miracle Mask. Un bo comezo no que non faltan algúns xogos mediocres
como Puzzle Bobble 3D (cun 24 sobre
40) poden atopar un público que os recibirá cos brazos abertos.