A NGP podería ver a luz en Europa o 11 de novembro

xoves, 10 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Pese a que inicialmente comentouse que a consola portátil que sucederá á PSP, coñecida de xeito provisorio coma NGP, só chegaría ao mercado nipón no presente ano, agardando a 2012 para comercializarse en EE.UU. e Europa, están a circular informacións que apuntarían a que a nova consola chegaría a Europa o 11 de novembro, e incluso sería posible que esta estrea fose mundial aproveitando o simbolismo da data de lanzamento (11/11/11).
Pero non son as únicas novas relativas a Sony, senón que continúa o culebrón das patentes con LG que paralizou a distribución das consolas PlayStation 3 en Europa (chegando a incautarse consolas sitas en fogares holandeses), rematando mañá mesmo as medidas cautelares impostas, o que deberían supor a devolución da consolas confiscadas nas vindeiras horas, tendo que facer fronte LG a 130.000 euros en concepto de costas xudiciais, á vez que se fixa unha indemnización de 200.000 euros diarios de non devolverse as consolas PS3 este mesmo venres.

PUBLICIDADE