A NBA volve ás consolas en outubro
mércores, 30 de maio do 2012
- Imaxe do xogo NBA 2K12
2K Sports anunciou hoxe que o xogo NBA 2K13, líder indiscutible entre os videoxogos de baloncesto (que
incluso forzou a saída do mercado da súa principal franquía competidora, de EA
Sports), chegará
o vindeiro 5 de outubro a Europa, con versións para Xbox 360, PlayStation
3, PSP, Wii e PC, mentres que a versión para a futura consola Wii U chegará un
pouco máis tarde (non podendo fixarse aínda porque non sabemos cando chegará
tal consola de Nintendo ás tendas).
Para ir quecendo motores, 2K adianta que os usuarios que reserven o xogo nas
súas versións de Xbox 360 ou PlayStation 3 recibirán un paquete de contido
descargable NBA All-Star presentado por Sprite. Este contido estará ambientado
en Houston, onde terá lugar a competición All-Star de 2013 e que permitirá aos
seareiros da NBA organizar o seu propio campionato, incluíndo o concurso de
mates, o concurso de triplas e o partido de novatos.
Jason Argent de 2K Sports asegura que este contido é o seu xeito de “dicir grazas aos seareiros polo seu amor
continuo á saga de NBA 2K”, engadindo que só será “o comezo dunha chea de novidades que terá NBA 2K13”.
- A reserva de NBA 2k13 premiarase con contido descargable