A Microsoft Band poderase conseguir a partires do 15 de abril
martes, 17 de marzo do 2015
Cando en outubro Microsoft lanzou nos
EE.UU. unha pulseira deportiva con funcións de notificacións, que destacaba
por poder operar tanto con smartphone con Windows Phone como en dispositivos da
competencia (iOS ou Android), non esperaban que a acollida fose tan boa,
resultando practicamente imposible facerse con unidades deste dispositivo que
esgotaba as unidades dispoñibles cada vez que repuñan unidades nas tendas
fÃsicas de Microsoft, para desesperacións dos consumidores que querÃan facerse
con este atractivo complemento que por fin poderÃa non só normalizar a súa
distribución nos EE.UU., senón tamén chegar a Europa, xa que a Microsoft Band xa está
dispoñible para a súa reserva en Reino Unido.
A Microsoft Store é o principal
establecemento que acepta pedidos da Microsoft Band a un prezo de 169,99
libras esterlinas, pero para os usuarios españois que estean interesados en
facerse con este interesante accesorio podemos comentar que a tenda británica de
Amazon tamén inclúe o produto en reserva, o que permitirá que dende o noso
territorio poida conseguirse o trebello por un prezo que con portes ronda os
250 euros, o que o sitúa no rango dos dispositivos semellantes con Android
Wear, á vez que chegarÃa ao mercado o 15 de abril, anticipándose ao lanzamento
do Apple Watch (estrea que poderÃa ser a que fixo que Microsoft potenciase a
produción deste dispositivo).
A Microsoft Band pode monitorizar o ritmo cardÃaco as 24 horas, facer un
seguimento do noso sono, guiar durante os nosos adestramentos, achegar
notificacións do noso móbil, permitir empregar Cortana en dispositivos con
Windows Phone, dar conta das anotacións do noso calendario para que non
perdamos ningunha cita, monitorizar a radiación ultravioleta (para que poidamos
controlar a nosa exposición ao sol) e, como detalle que o diferencia de moitos
accesorios semellantes, integra GPS, de xeito que os usuarios que queiran
empregar a pulseira para rexistrar os seus adestramentos é posible deixar o
smartphone na casa.