A Mi Band 4 supón un incremento de pantalla da pulseira de actividade de Xiaomi
martes, 11 de xuño do 2019
Levamos varios anos nos que os consumidores que precisan dun dispositivos para recibir
notificacións dende o móbil, en vez de optar principalmente polo smartphone, tende
a confiar en pulseiras deportivas conectadas como as de Xiaomi, que están a renovarse,
de xeito que en breve estará dispoñible a Mi Band 4, que contará tamén cunha versión con NFC, que en vez de
custar 169 iuans (21,58 euros) incrementará o seu prezo até os 229 iuans (29,25
euros).
Temos asà que Xiaomi continúa a ter unha posición privilexiada, xa que grazas
aos seus completos produtos cun prezo moi axustado están a levar a moitos usuarios
a incorporalos ao seu dÃa a dÃa.
- A Mi Band 4 incorpora unha pequena pantalla e NFC, de xeito que pode empregarse para pagar en numerosos locais.
A nova Mi Band 4 integra unha pantalla AMOLED a toda cor que é un 39,9% maior que a do modelo anterior. Tamén conta cun sensor de 6 eixes para facer un seguimento máis axeitado da actividade fÃsica (estreando modo de natación), micrófono para poder invocar a un asistente de voz e tamén compatibilidade con formas de pagamento como AliPay ou sistemas que aproveiten o NFC para completar operacións (nalgún caso as operacións de pagamento poderán completarse grazas a códigos QR que aparecerán na pantalla da pulseira de actividade.
ACTUALIZACIÓN: Xiaomi confirma que a súa pulseira de actividade chegará a España o 26 de xuño a un prezo de 34,99 euros e co nome de Mi Smart Band 4. Este accesorio con pantalla a cor e monitorizacón de frecuencia cardÃaca presume de autonomÃa de até 20 dÃas, de poder amosar as notificacións do móbil e tamén poder controlar a reprodución multimedia do dispositivo co que estea vinculado (soportando conexión sen fÃos con Bluetooth 5.0 BLE). Polo momento só está confirmada a chegada do modelo sen NFC.