A Marvel prepara un novo xogo de loita para dispositivos móbiles

luns, 28 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Durante a celebración da San Diego Comic Con presentouse un novo videoxogos de loita para smartphones e tablets, Marvel: Contest of Champions, que chegará para varias plataformas no outono, con un grande xogo de loita de un contra un que busca ser moi divertido ofrecendo unha experiencia de xogo moi arcade, aínda uqe aderezada con elementos de rol e un modo historia para que poidamos medirnos contra numerosos heroes e viláns do Universo Marvel.
O xogo contará cun completo cadro de loitadores, entre os que estarán personaxes de Los Vengadores, os Thunderbolts, La Patrulla X, os Inhumanos, os Guardianes de la Galaxia, X-Force e moitos outros que poderán manexarse cun sistema de control orientado ás interfaces táctiles fuxindo de botóns e mandos virtuais.
Os estudios de Vancouver de Kabam son os que están a desenvolver este título que está en fase pre-alfa, pero do que xa podemos ver un vídeo promocional:

PUBLICIDADE