A Leica Q terá unha edición limitada co gallo dos Xogos de Inverno

luns, 12 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Coa chegada dos Xogos Olímpicos de Inverno dende Leica decidiron presentar unha edición Snow (neve en inglés) da cámara Leica Q, apadriñada por Iouri Podladtchikov, un deportista olímpico (campión mundial de snowboard) que destaca principalmente polos seus acabados en cor prata e o seu corpo en cor branca, así como polo feito de que estaremos ante unha edición limitada da que só haberá 300 unidades a nivel mundial que sairán á venda o mes que vén.
Esta cámara cun sensor full-frame CMOS de 24 Mpíxeles é capaz de gravar vídeo Full HD a 30/60 cadros por segundo, integra Wi-Fi para poder transmitir fotografías e vídeos (ou para empregar o smartphone a xeito de mando a distancia), o seu visor ten unha resolución de 3,68 Mpíxeles e o seu obxectivo Leica Summilux de 28 milímetros con apertura f/1.7 convértea nunha excelente ferramenta para disparar fotografías a pouca luz, así como para retratar paisaxes ou fotografía de rúa.
Ao estarmos ante unha edición limitada, sobre dicir que o prezo é realmente de infarto, de xeito que sairá á venda a 5.395 dólares (4.388 euros), cando o prezo dunha Leica Q en cor negra ronda os 4.250 dólares.

A Leica Q Snow sairá á venda en marzo a 5.395 dólares

PUBLICIDADE