A India contará cun novo tablet económico para os seus estudantes

luns, 12 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O presidente da India, Shri Pranab Mukherjee, anunciou hoxe unha nova versión do tablet de baixo custo Aakash, que chegará subvencionado para facilitar o acceso aos estudantes a este tipo de dispositivos que poden resultar de grande utilidade para a súa educación. O dispositivo venderase no mercado a un prezo de 2.236 rupias (uns 32 euros) mentres que os estudantes poderán adquirilo pola metade de prezo.
O Aakash 2 é un tablet da canadense Datawind que conta cun procesador Cortex A8 a 1 GHz, pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 512 Mbytes de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, batería de 3.000 mAh e o sistema operativo Android 4.0, unhas especificacións moi superiores ao Aakash orixinal, que viña cun procesador a 366 MHz e con Android 2.2.

PUBLICIDADE